
BASES CONCURSO GRÁFICO
Localiza o teu comercio favorito, cóntanos onde está, que fai, en que é o mellor ou o peor.
O obxectivo, darlle visibilidade e pór en valor todo o que o comercio local fai por unha vila, pola xente, pola economía.
OBXECTIVO:
O obxecto deste concurso é recoller da man de fotografías e curtas propostas de promocións do comercio dentro do territorio do GDR 10 Limia Arnoia.
O importante é que se reflita o “saber facer” que se mantén o no comercio local, de proximidade, o pequeno comercio, así como a importancia do comercio para as comunidades rurais.
PREMIOS:
Un total de 3 premio de 250 € e 2 premios cun importe de 180 € cada un
A. Imaxe gráfica.
- 1º premio á imaxe gráfica (250 €)
- 2 º premio á imaxe gráfica (180 €)
B. Vídeo
- 1º premio ao vídeo de campaña (250 €)
- 2º premio ao vídeo de campaña (180 €)
C. PREMIO Á CREATIVIDADE (250 €)
Nos premios á imaxe gráfica e videos de campaña, terase en conta especialmente o slogan da campaña e calidade proposta.
No premio á creatividade valorarase especialmente a orixinalidade do recurso empregado para elaborar a proposta de campaña (poesía, deseño, música,…)
XURADO
O fallo de premios: O xurado estará composto por dous profesionais no campo das artes plásticas e un membro da Xunta Directiva de GDR LIMIA ARNOIA Estes elixirán as mellores que serán expostas na web www.limia-arnoia.gal
O fallo do xurado emitirase o día 10 setembro de 2020 mediante enderezo electrónico e farase pública na web do GDR (www.limia-arnoia.gal e senirmaislonxe.gal) e nas súas redes sociais.
CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
O obxectivo é pór en valor o pequeno comercio e aos seus comerciantes, por iso, podes resaltar as virtudes que ti valores, o deseño, a atención, o servizo, o sorriso, os bos días, o detalle, a calidade, a parola, ….
Localiza o teu comercio favorito, cóntanos onde está, que fai, en que é o mellor ou o peor e faino coa tecnoloxía que queiras, coa tecnoloxía que teñas a man (móbil, tableta, cámara de fotos, lápices de cores, …)
O obxectivo, darlle visibilidade e pór en valor todo o que o comercio local fai por unha vila, pola xente, pola economía.
Localízate!
Temática: Calquera material que entre en concurso debe facer referencia a algún comercio do territorio do GDR. A forma na que debe aparecer o comercio é libre (facer mención ao nome do establecemento, foto de todo ou parte, ilustración de todo ou parte, gravado nos interiores ou exteriores,…). O obxectivo é facer promoción é sensibilización de apoio ao comercio local.
A proposta é libre só que cumprir un condicionante que saia algún establecemento en activo que está traballando no GDR Limia Arnoia.
O obxectivo é pór en valor o pequeno comercio e aos seus comerciantes, por iso, podes resaltar as virtudes que ti valores, o deseño, a atención, o servizo, o sorriso, os bos días, o detalle, a calidade, a parola, ….
Participantes: Poderá participar no concurso calquera persoa que viva nalgún dos concellos do GDR LIMIA ARNOIA, sempre que teña como máximo 25 anos.
Os participantes deberán ser os autores do material gráfico e este debe estar rodado ou fotografado no territorio LIMIA ARNOIA (Maceda, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Taboadela, Allariz, A Bola, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, Sarreaus, Trasmiras, Porqueira, Os Blancos, Baltar, Calvos de Randín, Verea, Celanova, Bande, Muíños, Lobios, Lobeira, Entrimo, Quintela de Leirado, …
MODALIDADE E FORMATO
- Fotografía/ilustración: De nova creación co acabado que o autor/a estime oportuno, sendo arquivo de formato jpg cunha dimensión mínima de 1028×768. A fotografía pode ser retocada, o interese do concurso é PROPOSTA DE COMUNICACIÓN, … non a autenticidade do material.
- Gravacións: as gravacións terán unha duración máxima minuto e medio (90 segundos) e debe presentarse en formato mavi, mp4, mpg, wmv e mov.
MATERIAL A ENTREGAR
Nas gravacións e fotografías nas que aparezan persoas identificables, debe acompañarse cun consentimento para poder ser aceptadas.
Cada participante, ó enviar as fotografías ou gravacións deberá xuntar copia do DNI e no mail destacar nome, enderezo, tld e mail de contacto.
Poderán enviar os materiais ao correo participa@limia-arnoia.gal.
Calquera dúbida ou cuestión ao concurso poderán facer a consulta ao correo participa@limiaarnoia.gal
Con todo o material recibido para o concurso elaborarase unha publicación que será editada por LIMIA ARNOIA GDR 15.
Así mesmo, a organización comunicarase por email cos concursantes premiados
PRAZO:
- O material poderase enviar a partir do 10 de xuño e até o 31 DE AGOSTO DE 2020
- Normas oficiais: Todas as Fotografías e curtas expostos na paxina web de LIMIA ARNOIA GDR 10 quedaran suxeitos aos artigos e decretos vixentes da Xunta de Galicia e ás propias bases recollidas na páxina WEB, sobre concursos de fotografías e vídeos.

PREMIOS
A. Imaxe gráfica.
- 1º premio á imaxe gráfica (250 €)
- 2 º premio á imaxe gráfica (180 €)
B. Vídeo
- 1º premio ao vídeo de campaña (250 €)
- 2º premio ao vídeo de campaña (180 €)
C. PREMIO Á CREATIVIDADE (250 €)
participa@limia-arnoia.gal